sábado, 3 de septiembre de 2011

Cronica

O día espertaba apetecíbel para camiñar , as oito da maña xa estabamos esperando o autobús.
Estibemos esperando a unha muller de Foz que se apuntara para vir a ruta , pero despois de un cuarto de hora decidimos irnos .
Esta vez eramos poucos (con tanta festa a asistencia notase) pero iso si os que fomos somos boa xente.
De camiño as Fragas do Eume fixémola nosa parada de rigor para tomar café nas Neves .
Polas dez da maña comezamos a ruta cara o mosteiro de Caaveiro, caian as primeiras pingas e algún de nos deciduo poñer o chuvasqueiro aínda que dez minutos mais tarde xa estaba arrepentido de habelo posto,
Cerca das once chegamos a o mosteiro e unha guía explicounos a súa historia que conta a tradición que este mosteiro fora fundado por San Rosendo pa aglutinar un grupo de anacoretas que vivían neste lugar tan afastado ala pola metade do século X.
O que si se sabe con certeza e que primeiro foi un mosteiro beneditino altomedieval e logo pasou a ser colexiata pertencendo a os Canónigos Regulares de San Agustín .
A finais del século XIX (1896) Pío García Espinosa, propietario de amplos terreos da zona, solicita e consigue autorización do Arcebispado de Santiago de Compostela para a restauración do conxunto, que encarga a López Ferreiro, reedificándose unha das dos igrexas antigas e dúas das casas dos canónigos.
Despois desta explicación puxéronos un vídeo sobre a lenda da orixe das Fragas do Eume ,da súa vexetación, dos animais que viven nela e de cómo se debe de coidala fraga.
Polas doce seguimos coa nosa ruta de camiño a central da Ventureira (orixe do nome da ruta) disfrutando da fermosa paisaxe do río e da fraga.
Ala pola unha e media xa estabamos no bar dando conta dunhas cervexas ben fresquiñas para matala sede que tíñamos, despois disto xantamos na área recreativa deste pobo (aínda que nos deu que atopar pois estaba metida no medio de terras de millo ) compartindo viandas e contos .
Xa de volta tomámolo café, e despois de subir a o autobús quen mais quen menos votou unha soneca, iso si ó son do “chumba chumba” que nos tiña posto de musica o chofer do autobús.
Polas seis da tarde estabamos en Ferreira, démoslle a despedida a Benito e familia desexándolle unha boa viaxe de retorno a Madrid e esperando contar con el para o vindeiro ano.

Angel Rivas